interior

Lugo, 11 novembro 2009 ©xosé marra
vou espindo as paredes
Vou espindo as paredes. Deshabito os espácios coa dor do tempo nas maus. As cousas desgarran a miña pel. Fican as pegadas dos nosos bicos e das bágoas. Do amor e das soedades. Os teus pés no forno da cociña de ferro. O son do sacho na horta. As festas dos gatos coa lua chea no soto. As nosas tardes de auga na bañeira. As castañas asadas e o pan da casa. Derradeiras semanas coa casa e a árbore. Cómpre arrincar as raices sen esfolar a alma.
As máquinas non pensan. Os paxaros vendiman na xanela da cociña. Os ácios fican baleiros. Aquel trono. Nas paredes durme o tempo. Coma nas liñas das maus. Mudan as horas. Outono respira húmido nos lábios da casa. Vivo nestes dias nas beiras da pel. Con toda esta luz.
a guarida
LA GUARIDA
MANUEL VICENT
as uvas na xanela da cociña


Lugo, 27 agosto 2009 ©xosé marra
bolboreta

Lugo, 1 xullo 2008 ©xosé marra
tempo de cereixas



Lugo, 5 xuño 2009 ©xosé marra
Papilio machaon (Linnaeus, 1758)
ECLOSIONOU Papilio machaon DUNHA CRISÁLIDA DE SETEMBRO 2007
hoxe xa voa en liberdade



Lugo, 6 maio 2009 ©xosé marra






