a xanela malva e a cerdeira

un hábitat condenado a morte polo ladrillo

parada gatuna

_dsc3893.jpg

_dsc3900.jpg

Agosto 27, 2007 Publicado por untalmarra | fauna, gatos | | Sem comentários ainda

outra carballeira menos!

Chimpan en Lugo unha carballeira con árbores centenárias, para urbanizar.

a carballeira de San Fiz, un espazo de uso público, con exemplares máis que centenarios, na que os veciños de San Fiz celebraron até hai pouco as súas festas tradicionais. 

 O Bosque sagrado (iso significa Lugo) tiña ese nome, pois era unha grande carballeira. Hoxe ainda se conservan algunhas zonas arboradas que van desaparecendo ao seren taladas salvaxemente, “legalmente”, impunemente, da mau do cártel — hoxe chámanlle clúster — do ladrillo ( autoridades políticas + constructores). Velaquí algúns exemplos.

–  02.05.2006.- Talan máis de duas hectáreas de bosque de carballos no entorno d´A Fervenza.

–  26.08.2007.- Talan 30 carballos na zona de Abella.

Agosto 24, 2007 Publicado por untalmarra | flora, notícias | | Sem comentários ainda

o pan de onte

vencello1-copy.jpg

Marcharon os vencellos. Durme a cociña.

 Nº 7

TIPO BILBAO

E.ORBEGOZO

ZUMARRAGA

O ferro da cociña. O tiro. Coa incertidume do derradeiro inverno. A alma da casa. O oco dos teus pés no forno. A sombra do caldo a fumegar néboas de arrecendo.

Hoxe durme a cociña coas cinzas frias, coberta de tomates verdes.

Agosto 24, 2007 Publicado por untalmarra | cerdeira | | 1 Comentário

a especulación urbanística

La ONU alerta sobre la “especulación urbanística desenfrenada” de España

El Relator Especial de Naciones Unidas sobre una Vivienda Adecuada, Miloon Kothari, se ha mostrado crítico con el sistema de deducciones fiscales y ha ensalzado la nueva Ley del Suelo.

(diário EL PAIS)

Agosto 23, 2007 Publicado por untalmarra | notícias, notícias do ladrillo | | Sem comentários ainda

a flora da horta I

_dsc3742.jpg

a parra

_dsc3750.jpg

a figueira

dscf0113.jpg

a passiflora

dsc_0016.jpg

o aguacate

dsc_0018.jpg

o sabugueiro

dsc_0022.jpg

a cerdeira

dsc_0007.jpg

os ranúnculus

dsc_0042.jpg

as capuchinas

dsc_0006.jpg

os tulipaes

dsc_0033.jpg

o xazmin do inverno

Agosto 22, 2007 Publicado por untalmarra | flora | | 1 Comentário

estraño veciño

_dsc4740.jpg 

ás veces, ficaba inmóbil diante dunha dália, ouservándoa. Semellaba ollar máis aló da fror, no seu interior, na sua eséncia. Absorto, a contemplar as suas formas perfectas e circulares, que só perdian a simetria cando un insecto se pousaba nela durante un segundo, contaxiándose da sua beleza.

era un tipo estraño que formaba parte da paisaxe coma os chantos e o tronco da cerdeira.

labrara o seu comportamento na soedade das horas, dia a dia, e coñecia cada recanto da horta, cada pedra, cada insecto, cada silenzo.

o agromar dunha nova planta ou o nacemento dunha nova fror, eran para el coma eses foguetes de alborada que fan acordar e avisan de que hoxe é un dia de festa. Na sua pequena selva non se lle escapaba nada.

habia xa tempo que o tiñan os veciños por un tipo estraño e solitário que pasaba as horas percorrendo os carreiros do seu rectángulo verde, revisando, ollando e tocando as berzas e as frores, e talvez falando coas acelgas. Que non poñia espantallos nen tarabelas para escorrentar as aves, senon que penduraba das árbores pequenas caixas de madeira para que os paxaros aniñaran nelas. E que mesturaba os tirabeques coas dálias, os fréxoles coas caléndulas, e coidaba e podaba con agarimo un sabugueiro coma se fose un tesouro, e non o cortaba ao rente para librar o camiño.

por iso, hoxe, cando desde as xanelas veciñas o viron moverse empuñando o mango dunha rede verde, perseguindo e atrapando unha Pieris brassicae entre as coles, confirmaron definitivamente que era un tipo raro.

Agosto 17, 2007 Publicado por untalmarra | cerdeira | | Sem comentários ainda

a toilette da mamá gata

Agosto 14, 2007 Publicado por untalmarra | fauna, gatos | | Sem comentários ainda

cultivo ecolóxico

_dsc0109.jpg

a miña horta agradece o sistema de cultivo sen abonos químicos nin pesticidas, e autorregúlase.

Agosto 8, 2007 Publicado por untalmarra | cerdeira | | 1 Comentário

encadenados á sua casa

«os políticos rouban ós pobres para darlle ós ricos» Falan as paredes da casa derrubada en Salvaterra para construir un porto seco.

(03.08.2007 Diário La Voz de Galicia, con fotos de Gustavo Rivas)

Agosto 8, 2007 Publicado por untalmarra | notícias, notícias do ladrillo | | Sem comentários ainda

la estrategia del caracol

Un fermoso e útil filme do director colombiano Sergio Cabrera que nos fala de tácticas e estratéxias.

Agosto 8, 2007 Publicado por untalmarra | notícias | | Sem comentários ainda

tírannos coa casa

En Shanghai (China), as vivendas tradicionais, cos seus moradores dentro, están ameazadas polas excavadoras, que destruen a história para construir rañaceos. (Dominical do diário El País, con fotos de Carlos Spottorno e textos de José Reinoso)

Non só en Shangai……

Agosto 8, 2007 Publicado por untalmarra | notícias, notícias do ladrillo | | 1 Comentário

regreso a riaño

Julio Llamazares lémbranos as loitas dos veciños da bisbarra de Riaño (León) contra o anegamento das suas casas baixo dun encoro. (Dominical do diário El País, con fotos de Cecilia Orueta e Mauricio Peña)

Agosto 8, 2007 Publicado por untalmarra | notícias | | Sem comentários ainda

auga amiga auga traidora

 _dsc2703.jpg

auga que calma a sede auga que molla a pel auga do rio cristaiña auga nas ondas salgadas do mar auga vida auga choiva auga que rega a horta auga transparente auga fresca auga no brillo dos teus ollos auga leda das fervenzas auga que apaga o lume auga amiga.

auga non desexada que fura e destrue auga que anega auga que arroia e afoga auga traidora.

Agosto 7, 2007 Publicado por untalmarra | cerdeira | | Sem comentários ainda

o esquio

dscf0109.jpg

dscf0111.jpg

Lugo, xuño 2006     ©xosé marra   (UTM 29TPH16)

Un dia do mes de xuño, apareceu na horta un simpático esquio, que se fartou de comer as croias das cereixas. Logo dun mes, desapareceu.

Agosto 7, 2007 Publicado por untalmarra | fauna | | 1 Comentário

Papilio machaon

dscf0002.jpg

dscf0005.jpg

oruga sobre Ruta sp.

dscf0135.jpg

oruga sobre Foeniculum sp.

dscf0022.jpg

crisálida.

dscf0014.jpg

dscf0010.jpg

imago recén eclosionado.

_dsc0064.jpg

_dsc0055.jpg

imago sobre fror de Buddleia sp.

dscf0173.jpg

Desde 1997, todos os anos Papilio machaon visita a planta de ruda (Ruta graveolens), e nela deposita os seus ovos. Deles sobreviven tres, catro e até seis orugas que chegan a crisalidar e converterse en imagos. A fermosa bolboreta macaón voa na miña horta e gosta das frores das buddleias.

Lugo, xullo-agosto 2006 / 2007   ©xosé marra    (UTM 29TPH16)

Agosto 6, 2007 Publicado por untalmarra | fauna | | 1 Comentário