a xanela malva e a cerdeira

un hábitat condenado a morte polo ladrillo

con humor

Outubro 24, 2007 Publicado por untalmarra | fauna, notícias do ladrillo | | Sem comentários ainda

a edificación nas costas do parque de lugo

_dsc8663.jpg

non á marea de cemento. Lugo, 04/10/2007  ©xosé marra

 

 

CONTENCIOSO POLA EDIFICACION NAS COSTAS DO PARQUE DE LUGO

Con data 10 de setembro de 2007, a Asociación para a Defensa do Parque Rosalía de Castro e o seu entorno presentou un recurso Contencioso-administrativo no que se impugna a aprobación definitiva do Proxecto de Urbanización de 14 de febreiro de 2007, a través dunha impugnación do Plan Especial de Reforma Interior (PERI) da Unidade de Actuación CS5 (Costas do Parque), tal e como se veu anunciando en varias ocasións ao longo destes máis de dous anos de loita contra o maior exemplo de especulación urbanística realizado en Lugo.

No devandito recurso denúncianse unha serie de supostas irregularidades levadas a cabo polo Concello coa única finalidade de proporcionar na leira dun particular e dun xeito, aparentemente legal, a máxima edificabilidade no sitio máis rendible, obviar o ben social, os intereses da cidadanía á que representa, as leis de protección patrimonial e os trámites legais para a tramitación dun PERI. Entre outras se enumeran e xustifican as

seguintes:

1/ Falta de informes sectoriais preceptivos doutras Administracións (Cultura, Medio Ambiente e Industria) previstos na lexislación vixente.

2/ Falta de notificación á COTOP.

3/ Ausencia de notificacións a terceiros de carácter preceptivo.

4/ Permutación de terreo público, de forma supostamente irregular, adxacente na súa totalidade ás Costas do Parque (no que había nogueiras centenarias e outras especies arbóreas de interese e no que pretendían construír un edificio de 9 plantas) por espazos residuais de dubidoso aproveitamento na pendente que dá a República Argentina.

5/ Indefinición do sistema viario que non conta nin co detalle nin xustificación necesarios en orde á súa capacidade prevista (acceso aos ocupantes de 200 vivendas) de acordo coas esixencias técnicas de edificación.

6/ Incumprimento do artigo 104 da Lei de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia (de aplicación directa), cuxa filosofía está recollida en leis anteriores, e que protexe expresamente lugares paisaxísticos como é o noso Parque Rosalía e as súas Costas cos seus respectivos Miradoiros, cuxa beleza e interese está recollida en todas as Guías Turísticas de Galicia, desde a de Otero Pedrayo de 1945, ata a páxina web de Mundo-R, pasando polo Plano-Guía da cidade editado polo Concello, entre outras.

A Asociación non pode entender que o Concello, tendo o apoio legal suficiente para protexer o Patrimonio Paisaxístico da cidade á que representa, o obviara e ata cuestionara, só co fin de salvagardar os intereses, que non dereitos (como se demostra no recurso presentado) dun particular, e que sexan os cidadáns os que teñan que defender o grave atentado ao patrimonio de todos das actuacións dos seus representantes.

Así o Concello utiliza argumentos rebatidos no recurso:

1/ Non existe diferenzas entre bens protexidos en chan urbano e rural.

2/ Na entorno da unidade na que se quere construír existen bens inequívocamente protexidos (Termas Romanas, Sanatorio García Portela e Parque Rosalía de Castro) e é preceptivo, sen ningún xénero de dúbidas, o informe da Consellería de Cultura para calquera tipo de actuación.

3/ A inexistencia duns supostos dereitos de edificabilidade “á medida”, nunha leira privada que vulneran os dereitos de todos.

Desde a Asociación esiximos ao Concello explicacións por utilizar todos os recursos “supostamente legais”, para defender os intereses dun particular no lugar das medidas de protección que lle proporciona a lei para conservar e preservar os bens patrimoniais e paisaxísticos de todos os lucenses. E aos Grupos da Oposición no Concello que pidan responsabilidades políticas pola inxustificada permutación de terreos públicos (ilegal segundo a nosa denuncia) para que se poidan construír nos mesmos un edificio de nove plantas) e pola desidia e desobediencia a un organismo con competencias superiores ao Concello en materia de Patrimonio (Consellería de Cultura) que ordenou paralizar as obras. Estamos ás beiras do río Miño de Otero Pedrayo ou do río Congo de Joseph Conrad?

 

ASOCIACIÓN POLA DEFENSA DO PARQUE ROSALÍA

+ de 10.000 firmas

Outubro 23, 2007 Publicado por untalmarra | notícias, notícias do ladrillo | | Sem comentários ainda

desaloxo na cañada real

Desaloxo á forza na cañada real de madrid nunha zona de casas e chabolas onde viven 40.000 persoas

(Diário El País, outubro 2007)

Outubro 22, 2007 Publicado por untalmarra | notícias, notícias do ladrillo | | Sem comentários ainda

a vella cerdeira no outono I

_dsc4671.jpg 

_dsc4691.jpg

_dsc4695.jpg

dscf0063.jpg

©xosé marra     outubro 2007

Outubro 16, 2007 Publicado por untalmarra | cerdeira | | Sem comentários ainda

o home que plantaba árbores

Agora, no outono é o momento de actuar.

Planta belotas e castañas e co tempo haberá máis carballos e castiñeiros.

Hai un libro fermoso, de Jean Giono: L’homme qui plantait des arbres. Unha fermosa história.

Outubro 15, 2007 Publicado por untalmarra | flora, notícias | | Sem comentários ainda

os danos das inundaciós agrávanse polo urbanismo salvaxe.

Os danos das inundaciós agrávanse polo urbanismo salvaxe.

(Diário El Pais, 15.10.2007)

Outubro 15, 2007 Publicado por untalmarra | notícias, notícias do ladrillo | | Sem comentários ainda

cobran comisiós ilegais na venta de vivendas protexidas

Tres inmobiliárias e dous particulares cobraron sobreprécios para Construcuatro en Návia (Vigo).

(Diário El Pais, 06/10/07)

Outubro 14, 2007 Publicado por untalmarra | notícias, notícias do ladrillo | | Sem comentários ainda

nova tala de carballos centenários

Outubro 13, 2007 Publicado por untalmarra | flora, notícias | | Sem comentários ainda

uns 300 veciños impiden o derrube dunha casa de Vigo

Orden de derribo

Uns 300 veciños impiden o derrube dunha casa de Vigo

(Diário La Voz de Galicia, 01/10/2007)

Outubro 1, 2007 Publicado por untalmarra | notícias, notícias do ladrillo | | Sem comentários ainda