máis gatos



Nestes dias de friaxe, os gatos enchen os tellados da horta.
a vella cerdeira no outono IV




©xosé marra novembro 2007
a vella cerdeira no outono III




©xosé marra novembro 2007
urbanismo salvaxe I
O DIÁRIO EL PAÍS PUBLICA UNHA SÉRIE DE REPORTAXES SOBRE O URBANISMO SALVAXE NAS COSTAS DO ESTADO ESPAÑOL.
( Diário EL PAÍS )
a vella cerdeira no outono II


©xosé marra novembro 2007
máis accidentes na construcción
(Diário El Progreso, 06.11.2007)
salvar carballeiras ?
Hoxe lin unha noticia na prensa: a Diputación saneará carballeiras no entorno do Miño.
Falábase de que abondaban as edras, madreselvas e silvas, que poñen en perigo a saúde dos carballos. Parece que para sanear van “actuar” sobre as trepadoras, e que vai quedar todo precioso.
Comezan facendo un camiño, agora queren rozar, e rematarán botando céspede ou terrazo.
Todas as especies teñen a súa función, e a natureza sabe autorregularse. Tamén as edras, as madreselvas e as silvas teñen a súa. As árbores non só poden verse como fontes de madeira para proveito dos humanos. Cando apodrecen, delas aliméntanse as larvas do máis grande insecto de Galiza, case en perigo de extinción: a vacaloura (Lucanus cervus).
Hai nesa zona, por exemplo, unha fermosa bolboreta da familia dos ninfálidos, a Ninfa do bosque (Limenitis camilla) que cando é oruga , aliméntase da madreselva (Lonicera sp.) , e cando é adulta gosta de zugar do néctar das frores das despreciadas silvas (que tamén nos dan as amoras).
Toda esa vexetación xunta (á que chaman “maleza”) constitue un medio que favorece o acubillo de aves e outros pequenos vertebrados, que ao rozar o monte collen a porta e vanse.
Hai xente que todos os anos recolle datos das especies, logo de solicitar os permisos legais, e vainos aportando para facer os mapas de distribución e así coñecer millor a nosa fauna. Pero en dous dias, vostedes pódense cargar alegremente as plantas nutricias e facer desaparecer toda unha colonia de insectos.
Se queren protexer os carballos o millor que poden facer é impedir as talas de árbores centenarias que se están a facer ultimamente. O demáis é hipocresia. Moitos bicos.
o parque natural do caurel
SOS Courel acumula 10 mil sinaturas para protexer a serra.
Aspira a crear un parque natural máis grande do que propón a Xunta
para así evitar a implantación de novas canteiras.
(vieiros.com)
