interior

Lugo, 11 novembro 2009 ©xosé marra
vou espindo as paredes
Vou espindo as paredes. Deshabito os espácios coa dor do tempo nas maus. As cousas desgarran a miña pel. Fican as pegadas dos nosos bicos e das bágoas. Do amor e das soedades. Os teus pés no forno da cociña de ferro. O son do sacho na horta. As festas dos gatos coa lua chea no soto. As nosas tardes de auga na bañeira. As castañas asadas e o pan da casa. Derradeiras semanas coa casa e a árbore. Cómpre arrincar as raices sen esfolar a alma.
As máquinas non pensan. Os paxaros vendiman na xanela da cociña. Os ácios fican baleiros. Aquel trono. Nas paredes durme o tempo. Coma nas liñas das maus. Mudan as horas. Outono respira húmido nos lábios da casa. Vivo nestes dias nas beiras da pel. Con toda esta luz.
as uvas na xanela da cociña


Lugo, 27 agosto 2009 ©xosé marra
tempo de cereixas



Lugo, 5 xuño 2009 ©xosé marra
a xanela de abril

Lugo, 12 abril 2009 ©xosé marra
a cociña



Lugo, 5 abril 2009 ©xosé marra
abril na horta

Lugo, 4 abril 2009 ©xosé marra
unha primavera máis


Lugo, 20 marzo 2009 ©xosé marra
narcisos

Lugo, 16 marzo 2009 ©xosé marra
a neve na horta

Lugo, 19 xaneiro 2009 ©xosé marra



