a xanela malva e a cerdeira

un hábitat condenado a morte polo ladrillo

estraño veciño

_dsc4740.jpg 

ás veces, ficaba inmóbil diante dunha dália, ouservándoa. Semellaba ollar máis aló da fror, no seu interior, na sua eséncia. Absorto, a contemplar as suas formas perfectas e circulares, que só perdian a simetria cando un insecto se pousaba nela durante un segundo, contaxiándose da sua beleza.

era un tipo estraño que formaba parte da paisaxe coma os chantos e o tronco da cerdeira.

labrara o seu comportamento na soedade das horas, dia a dia, e coñecia cada recanto da horta, cada pedra, cada insecto, cada silenzo.

o agromar dunha nova planta ou o nacemento dunha nova fror, eran para el coma eses foguetes de alborada que fan acordar e avisan de que hoxe é un dia de festa. Na sua pequena selva non se lle escapaba nada.

habia xa tempo que o tiñan os veciños por un tipo estraño e solitário que pasaba as horas percorrendo os carreiros do seu rectángulo verde, revisando, ollando e tocando as berzas e as frores, e talvez falando coas acelgas. Que non poñia espantallos nen tarabelas para escorrentar as aves, senon que penduraba das árbores pequenas caixas de madeira para que os paxaros aniñaran nelas. E que mesturaba os tirabeques coas dálias, os fréxoles coas caléndulas, e coidaba e podaba con agarimo un sabugueiro coma se fose un tesouro, e non o cortaba ao rente para librar o camiño.

por iso, hoxe, cando desde as xanelas veciñas o viron moverse empuñando o mango dunha rede verde, perseguindo e atrapando unha Pieris brassicae entre as coles, confirmaron definitivamente que era un tipo raro.

Agosto 17, 2007 - Posted by | cerdeira

Ainda sem comentários.

Deixe uma Resposta

Preencha os seus detalhes abaixo ou clique num ícone para iniciar sessão:

Logótipo da WordPress.com

Está a comentar usando a sua conta WordPress.com Terminar Sessão /  Alterar )

Google photo

Está a comentar usando a sua conta Google Terminar Sessão /  Alterar )

Imagem do Twitter

Está a comentar usando a sua conta Twitter Terminar Sessão /  Alterar )

Facebook photo

Está a comentar usando a sua conta Facebook Terminar Sessão /  Alterar )

Connecting to %s

<span>%d</span> bloggers like this: