equilíbrio
achégase aos meus pés co rabo teso buscando agarimos. Os tomates maduran engorde, e a rádio soa baixiño.
Gosto desta música lenta e destes cheiros lentos, cando as follas da cerdeira ainda están verdes, e prepáranse verticais para a treboada.
Lostrega o ceo e romban as nubes, e caen as primeiras pingas gordas na terra. E sinto de novo a miña casa: a horta ehi fóra, eu dentro coas miñas cousas e os meus ritmos.
A paciéncia dos gatos, e o sol, que vai cara á esquerda, camiño da begónia.
Ainda sem comentários.
Deixe uma Resposta